7 de febreiro de 2018

As familias contan...

A clase de 6º de Infantil B ten como mascota "o lobo" e sobre este animal desenvolveu o seu proxecto no primeiro trimestre. Agora que está a piques de rematalo, Laura (mamá de Jorge) achegouse á biblioteca do cole para contar dous contos que teñen a este animal como protagonista.


"¡VOY A COMEDTE!", trátase dunha divertida e inusual historia sobre un lobo que non fala ben, publicada por Kókinos, de Jean-Marc Derouen e Laure du Faÿ.

A segunda historia plantexa con moita ironía unha versión diferente do conto de Carapuchiña Vermella: "El gato, el perro, caperucita roja, los huevos explosivos, el lobo y el armario de la abuelita" de Diane e Christian Fox e publicado por Bruño.
Gustáronnos moitísimo os dous contos e quixemos facer unha fotografía con Laura.
Grazas por compartir con nós esta mañá!

No blog de infantil podedes mirar tamén os debuxos que fixeron destes contos:

Un saúdo,
MIMI

Ningún comentario:

Publicar un comentario