6 de xullo de 2017

Xogamos, cantamos e bailamos no Roteiro Tonucci

O alumnado de 1º e 2º nivel desplazouse a Pontevedra para participar nesta actividade organizada pola Deputación Provincial. O roteiro debe o seu nome ao pedagogo italiano FRATO, acrónimo de Francesco Tonucci, defensor nas súas teses das "Cidades dos nenos e das nenas" como espazos que deben ser deseñados á medida para a rapazada para que poidan ser aproveitados tamén polo resto da cidadanía, e que ten como claro exemplo a cidade de Pontevedra.
Neste roteiro acompañounos o grupo "Migallas Teatro" ( o noso actual Premio MIMI ) e con eles "Xogaron cantaron e bailaron en Pontevedra!"
O roteiro iniciouse no Pazo da Deputación Provincial onde recibiron unhas biseras como agasallo para protexerse do sol da mañá e continuaron cara o Monumento aos heroes de Ponte Sampaio.
Continuou este roteiro por distintas plazas e lugares do centro histórico. Detivéronse na Plaza de España onde celebraron un "Consello das nenas e dos nenos" no que expresaron desexos e propostas para mellorar a nosa localidade, Barro.
 Cantaron e xogaron tamén na Plaza de Santa María e na Plaza de Méndez Núñez.
 Para terminar a mañá con xogos populares (e con materiais reciclados) na Plaza da Pedreira, diante do Pazo de Mugartegui.

 Podedes mirar máis imaxes e ler máis sobre esta saída no blog de 1º e 2º nivel:
https://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com.es/2017/07/roteiro-tonucci.html

Foi unha actividade moooi interesante!
Pasámolo xenial!
Un saúdo,
MIMI




Ningún comentario:

Publicar un comentario