5 de xullo de 2017

Participamos en LUDANTIA

O noso centro participa en LUDANTIA, a "I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para la Infancia y la Juventud" que vai ter lugar en Pontevedra no ano 2018.
O último trimestre deste curso, e enlazando co tema das Artes, realizouse a primeira acción deste proxecto no noso centro. Colaboran con nós para levalo adiante Sheila García Prado, Arquitecta, e David Fidalgo Omil, Graduado en Belas Artes.




Todo o alumnado do centro colaborou, dando propostas de mellora para os patios escolares. A partir da necesidade de acondicionamento do espazo e froito dunha reflexión nas aulas, cada quen reflexou a súa idea na plantilla que lle presentamos. Chamamos a esta acción "Repensando os patios"


Posteriormente decidíuse que sería o patio de Infantil, e o alumnado deste ciclo educativo en particular, o que levaría o peso da actividade nas sucesivas accións. 
Por esa razón desenvolvéronse varios obradoiros, o primeiro de movemento no espazo e recoñecemento no mapa para no segundo pasar da representación do plano ao espazo coa creación dun muro vertical.

No último dos obradoiros deste trimestre, @s cativ@s de infantil prepararon uns bonitos tarros con envases plásticos con moito esmero e posteriormente plantaron neles diversas plantas aromáticas para crear un bonito xardín vertical nun dos frentes do seu patio.

Esta última acción tivo difusión na prensa nos últimos días do curso:
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/06/24/ceip-amor-ruibal-bienal-arquitectura/1704748.html


Un saúdo,
MIMI

Ningún comentario:

Publicar un comentario