24 de maio de 2017

Contacontos interciclos, 2017

A pasada semana, dentro da programación "Do libro ás Letras" do noso centro, realizouse na Biblioteca a actividade de "Contacontos interciclos"
Ao longo deste mes, cada clase preparou o seu conto para poñelo en escena con propostas moi variadas.
O alumnado de 2º curso escenificou para o alumnado de 5 anos unha adptación do fermoso libro "O homiño de papel" escrito por Fernando Alonso e publicado por Everest.

As clases de 3º nivel decentáronse por dous populares títulos da editorial Kalandraka: Así, 3º A escenificou "O coelliño blanco" de José Ballesteros para 4 anos e 3º B "A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto para 3 anos.


Carlos Casares estivo presente nesta actividade, pois as dúas clases de 4º prepararon para o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria as historias que forman o libro "A galiña azul" nun Kamishibai que lles quedou chulísimo. Contaron: "O peixe da fonte do xardín", "A formiga esquiadora", "A bomba da felicidade" e "A galiña azul".

Os nenos e nenas de 5º curso narrou dúas historias de Casares: "Este é Toribio" e "Toribio contra o profesor Smith".

O alumnado de 6º adaptou e traduciu ao galego a historia "El lobo ha vuelto" de Geoffroy de Pennart publicada por Corimbo.

Todos os contos quedaron estupendos!!
Fixéstelo moi, moi ben!!
Parabéns polo voso traballo!

Un saúdo
MIMI.



Ningún comentario:

Publicar un comentario