30 de maio de 2017

Tí tamén contas

Título da representación teatral que a compañía "A tropa de trapo" ofreceu ao alumnado de Primaria do noso centro o pasado venres, día 26 na Biblioteca Pública do concello e que foi organizado polo departamento de Servicios Sociais do Concello de Barro dentro da programación que ofrece aos concellos socios o Fondo Galego de Cooperación e Soliedaridade.

Con este espectáculo, a compañía formada por Marta Ortiz e Brais das Hortas, aborda temas como o consumo responsable, o traballo infantil, a cooperación e a felicidade dun xeito ameno e facendo reflexionar ao seu público a través da interacción.

Ofrecemos un vídeo resumo deste espectáculo:



Podedes ler máis sobre o contido do espectáculo no blog de 5º e 6º curso:

http://amorruibaltercerciclo.blogspot.com.es/2017/05/ti-tamen-contas.html

Un saúdo
MIMI.

27 de maio de 2017

A Sección Bilingüe tamén participa en BARRRO

Os cursos participantes na Sección Bilingüe do noso centro (Inglés e máis Plástica de 1º e 2º) desenvolveron toda a súa actividade este curso escolar empregando materiais de refugallo que "reutilizaron" para as súas creacións. 
As profes implicadas no proxecto dan conta de todas estas actividades nos seus respectivos blogs: o blog de Inglés e o da Sección Bilingüe -SEBI.

Se premedes nos enlaces accederedes ao seu traballo:



Un saúdo
MIMI

25 de maio de 2017

Resolto o Concurso de Cartaces "BARRRO"

Despois dunha longuísima e moi difícil deliberación debido á extensa cantidade de cartaces presentados ao concurso, temos xa o Cartaz gañador e os finalistas de cada nivel.
Podedes miralos e coñecer aos seus autores e autoras no seguinte vídeo que vos ofrecemos. Ademais servirán de imaxe nos distintos blogs para o Proxecto Documental deste ano "BARRRO"


Grazas a todos e todas por participar!! 
Un saúdo
MIMI.


Contacontos interciclos en Infantil

Este ano por vez primeira, e grazas á colaboración e boa disposición do persoal da Escola Infantil "A galiña azul", o alumnado de 5º curso de Infantil do cole visitou o luns o seu centro para realizar un contacontos ao alumnado  de 3º curso de Infantil (2 anos).
Estaban emocionadísimos e sentíronse moi maiores ao tempo que fixeron unha gran representación dos seus contos.

A aula de 5º A escenificou "LÚA" un conto de Antonio Rubio e Óscar Vilán editado por Kalandraka e a aula de 5º B narrou un conto de creación propia: "Nevado e Chispa"
 Como agasallo final as mestras e crianzas da escola infantil contáronlle dous contos: "Cocodrilo" (da mesma editorial e autoría) e "5" (un conto enlatado) cos que gozaron un montón.
Podedes ler máis e ver o vídeo resumo desta actividade no blog de Infantil, premendo o seguinte enlace:

Un saúdo,
MIMI

24 de maio de 2017

Contacontos interciclos, 2017

A pasada semana, dentro da programación "Do libro ás Letras" do noso centro, realizouse na Biblioteca a actividade de "Contacontos interciclos"
Ao longo deste mes, cada clase preparou o seu conto para poñelo en escena con propostas moi variadas.
O alumnado de 2º curso escenificou para o alumnado de 5 anos unha adptación do fermoso libro "O homiño de papel" escrito por Fernando Alonso e publicado por Everest.

As clases de 3º nivel decentáronse por dous populares títulos da editorial Kalandraka: Así, 3º A escenificou "O coelliño blanco" de José Ballesteros para 4 anos e 3º B "A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto para 3 anos.


Carlos Casares estivo presente nesta actividade, pois as dúas clases de 4º prepararon para o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria as historias que forman o libro "A galiña azul" nun Kamishibai que lles quedou chulísimo. Contaron: "O peixe da fonte do xardín", "A formiga esquiadora", "A bomba da felicidade" e "A galiña azul".

Os nenos e nenas de 5º curso narrou dúas historias de Casares: "Este é Toribio" e "Toribio contra o profesor Smith".

O alumnado de 6º adaptou e traduciu ao galego a historia "El lobo ha vuelto" de Geoffroy de Pennart publicada por Corimbo.

Todos os contos quedaron estupendos!!
Fixéstelo moi, moi ben!!
Parabéns polo voso traballo!

Un saúdo
MIMI.



17 de maio de 2017

Día de Internet e navegación segura.

No ano 2006 a ONU declarou a data de hoxe, 17 de maio, o "Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade de Información" coñecido tamén como "Día de Internet"

Conscientes e sabedores dos beneficios, pero tamén dos posibles perigos e riscos dun uso pouco axeitado das tecnoloxías, recibimos na biblioteca do noso centro hai uns días a Felipe Martínez Hermo, Enxeñeiro Informático que ofreceu ao alumnado de 4º, 5º e 6º curso de primaria unha charla moi interesante dentro do programa "Navega con Rumbo".

RESULTOU MOI INTERESANTE!!
GRAZAS FELIPE!!
O contido da mesma recóllese na seguinte presentación:


"Navega con rumbo" é unha iniciativa do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría  en Informática de Galicia) en colaboración coa Xunta de Galicia que se está promovendo dentro do Proxecto Abalar do que o noso centro é partícipe.
O obxectivo fundamental é que o alumnado tome conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación por internet, a través das páxinas web e sobre todo das redes sociais (RRSS) xa que cada vez o seu uso é máis xeneralizado. 

Así o referiron nos seus blogs en sendas entradas:

FELIZ DÍA DA INTERNET . . . CON RUMBO!!
Un saúdo,
MIMI

13 de maio de 2017

"Cóntame un conto veciño, 2017" Relación de gañadores.

Xa temos a relación de gañadores do Concurso de contos "Cóntame un conto veciño, 2017" achegada pola organización do mesmo.

A relación inclúe o seguinte alumnado do noso centro.

Na Categoría de 1º e 2º de Primaria.
Finalista:
Daniela Romay Manso co relato "A castaña triste"

Na Categoría de 3º e 4º de Primaria.
Gañador
Manuel Piñeiro Núñez co conto "O bolígrafo"
Finalista:
África Lede Zarco co conto "Lili e o tesouro perdido"

Na Categoría 5º e 6º de Primaria.
Gañador:
Iago Vilas Fernández co relato "Wilson"


Iago deberá ler o seu conto e recoller o seu agasallo no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Barro o martes 16 de maio ás 18 hs.
Daniela, Manuel e África deberán ler os seus relatos no Auditorio de Portas o vindeiro mércores día 17 de maio ás 19:00hs

Amosamos os cartaces dos actos que, con ocasión da celebración das Letras Galegas, publicaron ambos Concellos.

PARABÉNS A TOD@S!!

ÁNIMO, ...
E SEGUIDE PARTICIPANDO!!


Un saúdo.
MIMI

10 de maio de 2017

Festa da Lingua no Canal Rias Baixas

Estamos de Noraboa en Barro!!
Relatamos na entrada anterior como alumnado do CEIP Amor Ruibal e do IES de Barro asistiron á Festa da Lingua para recoller sendos premios acadados no "Concurso de Microtextos Terras do Umia"
Ademais, no "Concurso da Canción en Galego  SON DO UMIA" resultaron vencedores na categoría de Secundaria coa canción "Reciclar é Xenial"

Durante a festa entregouse tamén o Premio pola Difusión da Lingua Galega "LINGUMIA 2017" que recaeu no "Canal Rías Baixas TV"

No seguinte enlace ofrecemos o video que recolle esta noticia no canal e no que ten especial protagonismo o alumnado dos dous centros do noso concello.


Un saúdo.
MIMI

Festa da Língua, 2017

O pasado venres, día 5 de maio, celebrouse na Azucreira de Portas a tradicional "Festa da Lingua" na que se deron cita grupos de alumnos e alumnas dos distintos centros escolares integrantes na Coordinadora Comarcal "Terras do Umia". 
No apartado de Microcreación, o micropoema da alumna de 1º curso de Primaria, Iria García Paz, resultou gañador na categoría B1. Iria acudiu acompañada dun grupiño de compañeir@s do seu curso e recibiu o seu diploma de mans da poeta Miriam Ferradás.

No apartado de Microrrelatos e na categoría C2 a nosa ex-alumna Loaira Santamaría Fernández, estudante de 4º de ESO no IES de Barro, resultou vencedora e acudiu a ler o seu microrrelato e recoller un agasallo.

O alumnado de 6º curso de Primaria xunto cun grupo de alumnos e alumnas de Secundaria do IES de Barro acudiron á gala para interpretar, dentro do Certame de Canción en Galego SON DO UMIA, a canción "Reciclar é xenial" de creación propia. Escolleron para a súa participación o nome de "A Gallofa do IES e CEIP de Barro"
O alumnado do IES de Barro encargouse da parte instrumental da canción e o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria, da letra e da coreografía, relacionadas co noso Proxecto Documental BARRRO.
Primeiro ensaiaron por separado e, posteriormente, fixeron ensaios conxuntos no IES nas sobremesas dos luns, coordinad@s por Claudia e Miro, profesores de música do CEIP e do IES, respectivamente.

Tal e como recollen as bases do concurso, cando un grupo musical conta con alumnado de Primaria e de Secundaria participa dentro da "Categoría de Secundaria" e ... nesta categoría resultaron vencedores. Recolleron alí mesmo o seu Diploma acreditativo, que lles foi entregado por Guadi Galego, quen formou parte do xurado.

Un esforzo que pagou a pena.
Parabéns a todos e todas!!
 Un saúdo.
MIMI

9 de maio de 2017

"Fair Play" Xogo limpo e valores a través do deporte.

A pasada semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participou - no marco das II Xornadas do Barro C.F. - na visita á Exposición "De Pontevedra a Río 2016" e asistiu á charla sobre "Fair Play" (Xogo Limpo) que lles ofreceron na sala de exposicións do concello de Barro.




Esta exposición promovida pola Deputación de Pontevedra recolle a traxectoria de 16 deportistas ( olímpicos e paralímpicos) da provincia de Pontevedra que participaron nas pasadas Olimpiadas de Río 2016. 
Tanto o contido da charla como o da exposición redundan nos valores de Respecto, Xustiza e Lealdade, Ética, Esforzo e Superación, Colaboración, Compromiso, e Soliedaridade que desde a Biblioteca do centro promovemos e apoiamos.

Grazas a todos e todas os que apoiades estas iniciativas!!





Nos blogs destes cursos quedou recollida información máis detallada do desenvolvemento desta actividade. Premede nos enlaces para saber máis:


BLOG DE 3º e 4º CURSO

Un saúdo.
MIMI

7 de maio de 2017

Exposición "Apúntate á compostaxe" para Infantil

O alumnado de 5º curso de Primaria estivo na nosa Biblioteca tomando boa nota do contido dos cartaces da exposición "Revitaliza", pois o seu cometido esta semana era presentarllo ao alumnado de 4 e 5 anos do cole dunha forma clara, sinxela e moi breve.
Aquí vos amosamos un vídeo resumo desta actividade.



Resultou moi interesante!!
Grazas "maiores" !!
Un saúdo
 MIMI

5 de maio de 2017

Participamos coa Banda no seu XXV Aniversario

O pasado domingo, 30 de abril, a Banda de Música Xuvenil de Barro celebrou cun concerto moi especial o seu XXV Aniversario, pois convidou a participar con eles ao alumnado do noso centro.
Este concerto, de título Musicolandia, foi realizado coa colaboración de Esteban Acuña  de Tarabelos Teatro (autor dos textos) que nos guiou a través dunha historia na que relatou todos os coñecementos que o profesor Corchea lle transmitiu sobre os instrumentos musicais e as súas familias e que foi magníficamente interpretado pola Banda de Música Xuvenil de Barro.
Finalizado este conto musical, o director da Banda de Música, Alberto Busto, deu paso ao alumnado de Primaria do noso centro alí presente que interpretou dous temas xunto coa Banda: "La escala Sido"  e  "El caracol Mifasol" de Ferrer Ferran que ensaiaron con moito entusiasmo coa nosa infatigable profe de música, Claudia Favorecido no transcurso das súas clases ao comenzo, e cun ensaio xeral no ximnasio do colexio nos días previos. 
Tras informar e pedir autorización ás familias, case un centenar de rapaces e rapazas ensaiaron as tardes dos sábados xunto coa Banda para mellorar a súa interpretación.

Así o recolle o Faro de Vigo nun artigo esta semana:
Parabéns a todos e todas, fixéstelo moi ben!!
Moitísimas grazas ás familias polo voso imprescindible apoio 
e colaboración nesta actividade!!


Na parte final do concerto o Presidente da BXB, Diego Escudero, fixo entrega dun agasallo ao noso centro que foi recollido por Rafael Ruibal, o noso director quen a súa vez fíxolle entrega dun diploma de recoñecemento á Banda de Música Xuvenil de Barro pola súa labor no eido musical do Concello de Barro e de agradecemento pola súa implicación e colaboración co noso centro.
OS NOSOS PARABÉNS Á BXB
 POR 25 ANOS MÁIS!!

Amosamos, a continuación, o vídeo resumo deste concerto. Agardamos que vos guste.


Un saúdo
MIMI