1 de abril de 2016

Día da poesía.

Igual que en anos anteriores, celebramos o Día da Poesía no noso centro compartindo lecturas na "Hora de ler" cos poemas elaborados polo alumnado dentro do Concurso de Microtextos (micropoemas) organizado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".
Ao coincidir o día da celebración (21 de marzo) co periodo vacacional da Semana Santa, fixemos esta celebración ao longo da semana anterior ás vacacións.

  Alumnado de 5º e 6º curso durante a lectura dos seus poemas.









Todos os poemas foron lidos e compartidos cos compañeiros e compañeiras de outros niveis.











 O alumnado de Educación Infantil tamén aprendeu e recitou un poema de Manuel María.

Gustounos moitísimo, só queda agardar polo resultado do concurso.
Un saúdo,
MIMI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario