O noso alumnado degustou hoxe saborosas laranxas, repartidas pola ANPA Amor Ruibal con motivo do Día da Laranxa.
Moitísimas grazas!
O noso alumnado degustou hoxe saborosas laranxas, repartidas pola ANPA Amor Ruibal con motivo do Día da Laranxa.
Moitísimas grazas!
O mércores recibimos unha visita mooooi especial, a de xogadores e xogadoras de baloncesto en cadeira de rodas do Club Iberconsa Amfiv de Vigo.
Despois dunha breve exposición para coñecer as normas deste deporte e saber un pouquiño sobre as vivencias e motivacións destes e destas deportistas, gozamos moitísimo cunha exhibicióndo seu xogo. A continuación, parte do alumnado puido probar o deporte dunha maneira máis práctica.
Viva a inclusión, tamén no deporte!
Moitísimas grazas!
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibíu este luns, a visita da Fundación Pho3nix Kids da que o triatleta Javier Gómez Noya é padriño e embaixador.
O obxectivo da fundación é o de promocionar a diversión e o beneficio do exercicio físico entre a cativada, por esa razón realizaron varias probas físicas durante a xornada.
Moitísimas grazas!!
O Concello de Barro, a través da OMIX e Biblioteca Pública, ven de convocar un ano máis o tradicional concurso "As verbas que Contan" no marco da celebración das Letras Galegas 2024.
Podedes participar presentando na Biblioteca do noso centro, un conto e/ou poema (haiku, caligrama ou acróstico) con data límite o 3 de maio.
Para consultar as bases do certame podedes picar AQUÍ.
AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!!
ÁNIMO ARTISTAS!!
O 7 de abril conmemoramos cada ano o Día Mundial da Saúde. Este ano a Organización Mundial da Saúde (OMS) centra as reivindicacións no lema "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO" como forma de sensibilizar á poboación sobre a ameaza para a saúde que supoñen os conflitos bélicos.
Julia Búa, responsable do proxecto, anímavos a participar no xogo "Canto sabes sobre a saúde?" baseado no famoso e televisivo programa PASAPALABRA, co que poder reflexionar e recordar hábitos e estilos de vida saudables tamén en familia.
Para conmemorar a Semana da Prensa, realizáronse nas sesións de Educación Física, diversos xogos con xornais:
Animádevos a participar!!!
Feliz día da Muller!!!
Para a conmemoración do Día de Rosalía este ano 2024 reflexionamos nas aulas sobre a emigración. Por esa razón pedimos colaboración ás familias do centro aportando algunha fotografía de familiares que emigraron ( no pasado ou actualmente) indicando ademais o parentesco e o lugar onde estiveron. Cada aula investigou coas imaxes e información recibida e colocáronse a continuación no cartaz para completar ao retrato da ilustre poeta.
Como curiosidades as familias aportaron tamén unha carta escrita desde Montevideo, un visado para visitar a un familiar e unha maleta de madeira de cerdeira feita polo bisavó dunha alumna.
Ao mesmo tempo traballamos o poema "Adios ríos, adios fontes" do que elaboramos unha versión con pictogramas para acompañar o noso cartaz. Completou a decoración un fermoso marco de margaridas decoradas e as letras que formaron o rótulo tamén en alusión a Rosalía.
Quedou fermosísimo!
Moitísimas grazas pola colaboración!
Nas últimas semanas todo o alumnado de Primaria gozou coas xornadas de demostración da "Corrida do galo" organizadas polo Concello de Barro a través da OMIX. Pili Álvarez explicou a orixe deste xogo tradicional que cada ano se celebra nas distintas parroquias do concello.
O xogo consiste en bater (cos ollos tapados) nunha vara de vimbio na que hai ensertadas 12 laranxas bravas (non comestibles) ata lograr tiralas todas.
Unha gozada, xogar cooperativamente!!!
A celebración do Entroido comenzou, como ven sendo habitual no noso centro, cos mandados de MIMI, a mascota da Biblioteca, e culminou co "Desfile Olímpico" que tivo lugar na mañá do venres 16.
Realizamos un pequeno percorrido desde o centro ata a explanada diante do pavillón para gozo e deleite das familias que nos acompañaron.
Grandísima festa!!
Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!