26 de xuño de 2016

Voluntarios da biblioteca.

30 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Primaria participaron este ano na campaña "Voluntariado de lectura - A"  Este programa é o resultado dunha colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de Cultua, Educación e O.U.) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social)

Durante todo o curso escolar dedicaron algún recreo da semana a realizar distintas tarefas na biblioteca tales como préstamo, etiquetado dos libros, revisar a colocación nos andeles, axudar ao alumnado máis cativo, e a que máis gozan de todas: ler e preparar contos para o alumnado de infantil.
Como recompensa por este traballo o último día de biblioteca disfrutaron dunha xornada de convivencia na que realizaron a pé un tramo do camiño de Santiago que vai desde o noso centro hasta o Parque Natural da Barosa (aprox. 5 Km)
Recollemos nun vídeo as imaxes que resumen este traballo.



Así mesmo a Asesoría de Bibliotecas Escolares fixo chegar ao centro unhas camisetas co emblema da campaña e os diplomas que acreditan a súa participación nela.
Repartímolas na biblioteca e amosamos os collages que recollen o momento da entrega.
Todos e todas lucíronas con orgullo e moi agradecidos e agradecidas polo recoñecemento ao seu traballo.
MOITAS, MOITÍSIMAS GRAZAS POR CUMPLIR O VOSO COMPROMISO!
GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!

Un saúdo,
MIMI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario