14 de abril de 2016

Venres de contacontos ... en xoves.

As xornadas de contacontos que desenvolven os "axudantes de biblioteca" teñen lugar na "hora de ler" dos venres, sin embargo nesta ocasión tivo lugar nun xoves por cuestións organizativas.

Esta vez foi o turno de axudantes de 5º nivel que quixeron ofrecer aos compañeiros de infantil a escenificación do conto: "A casa da mosca chosca" adaptación de Eva Mejuto dun conto popular ruso. Editado por Kalandraka e ilustrado por Sergio Mora.



Fixemos estes collages fotográficos que recollen este contacontos.
Fixérono moi ben.
Aos cativos e cativas gustoulles moito.




Noraboa!
Animádevos e a por outro!

Un saúdo,
MIMI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario