15 de abril de 2016

Temos finalistas!

Esta semana, na web da FANPA (Federación de Nais e Pais de Alumn@s), publicouse a relación de finalistas nas diferentes categorías do IV Certame de Relato Curto convocado por esta federación.
De 720 relatos presentados, 120 foron seleccionados como finalistas e aparecerán publicados nun libro que editará Kalandraka.

Estamos de noraboa porque dúas alumnas do noso centro figuran na relación de finalistas na categoría de Primaria. Verán os seus relatos publicados, recibirán un diploma e optan, xunto cos demais finalistas, a ser posibles gañadoras da súa categoría.

Elia Puddu de 6º curso
escribiu o relato
 "Un mundo sen cores"

Alba Villar de 4º curso
 escribiu o relato 
"Unha aventura en Pontevedra" 




O relato gañador de cada categoría darase a coñecer no propio acto de entrega de premios que terá lugar o vindeiro día 31 de maio ás 19:00 hrs no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Desde o centro queremos agradecer, por suposto, a implicación das familias e a súa colaboración pois así o requerían as bases deste concurso fóra do ámbito estritamente académico.

NORABOA ás dúas e ... MOITA SORTE NA FINAL !!
Un saúdo,
MIMI. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario